A CTNL renova a súa directiva e adianta novas liñas de traballo

Anxos Sobriño continúa á fronte da entidade, que creará un premio á normalización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Logo de dous anos, Anxo Sobriño renovou esta fin de semana como presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Canda a ela, a asemblea xeral desta entidade aprobou o último sábado a incorporación de Silvia Muíño Naveira como secretaria e o paso de David Cobas Medín de vogal ao posto de tesoureiro. Como vogais, mantéñense María Adela Pita Permuy, Tono Formoso Lado e Socorro García Conde e incorpóranse Estela Suárez Recouso, Mónica Fernández Valencia e Xesús M. Mosquera Carregal.

A entidade acordou ademais as liñas de acción para 2018, coa procura de melloras nas condicións de traballo do sector e a elaboración de guías para a convocatoria de postos no eido da normalización lingüística entre outras propostas. Novas actividades de formación para estes profesionais complementaranse coa continuidade de iniciativas como Lgx15, Agasallo.eu ou Gústame o galego!. A maiores, o coletivo anuncia a creación duns novos galardóns que recoñecerán "accións, programas, proxectos, etc., que se desenvolvan desde SNL, ENDL, asociacións, entidades, empresas, etc., e que teñan como obxectivo a normalización lingüística".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Valencia, Normalización Lingüística, Asociacións...