Ángel Escariz Pérez é o novo presidente de AGEM

Substitúe no posto a Joaquín Martínez

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A AGEM, a Asociación Galega de Empresas Musicais, é unha entidade que agrupa promotoras, produtoras, managament e empresas fonográficas do país. O pasado 21 de xaneiro renovou a súa xunta directiva, que pasa a presidir Ángel Escariz Pérez substituíndo no cargo a Joaquim Martínez. Xosé Manuel Aldea Moscoso queda como vicepresidente mentres que Josiño Carballo Lois é o tesoureiro e Roi Maceda Gallego o novo secretario. Raquel Seijo Enríquez, Belén Bermejo López e José Manuel Blanco Álvarez son os vogais que completan a directiva. O novo equipo fará público en breve o seu plan de traballo para este ano, así como os obxectivos da entidade a medio prazo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Blanco, Xosé Manuel Aldea, Asociación Galega de Empresas Musicais, Carballo