A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) ven de renovar a súa xunta directiva con poucos cambios respecto á anterior e asumindo unha continuidade do proxecto e dos seus retos como colectivo. José Manuel Blanco, de Nalgures Producións, segue no cargo de Presidente desta asociación que está integrada actualmente por once empresas cuxas actividades profesionais son de promoción, produción, representación artÃstica ou axentes de contratación de espectáculos musicais. O principal cambio na Xunta Directiva ven pola entrada como Secretario de Francisco Javier Alonso, de Maruxa eventos, substituÃndo a Kin MartÃnez de Esmerarte. O Vicepresidente , Xosé Manuel Aldea, de Ouvrimos, segue no cargo tamén e asume o cargo de Tesoureiro que antes levaba Belén Bermejo, de Sirgo Torcendo. AÃnda que a nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2017, asà como os obxectivos da Asociación a medio prazo, José Manuel Blanco pon como retos da nova etapa en AGEM algúns que xa veñen de atrás como é "estruturar a profesionalización do sector" e "loitar porque definitivamente se estableza unha normativa e se desenvolva a Lei do espectáculo para que poidamos ter unha normativa clara e definida porque agora mesmo hai normativas varias e dispersas" que cumprirÃa reunir arredor dun só texto que puidese dar seguridade ás empresas do sector da música en directo. Desde AGEM tamén queren avanzar en distintas vÃas no apoio aos profesionais como con ferramentas informáticas que axuden a levar a cabo "nas mellores condicións os espectáculo que se realicen", asegura Blanco.