Claudio Rodríguez Fer ingresa na Academia Europea das Ciencias e das Artes

O seu ingreso celebrarase en Salzburgo (Austria)

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Claudio Rodríguez Fer ingresa na Academia Europea das Ciencias e das Artes

A Academia Europa das Ciencias e das Artes escolleu no seu senado do 14 de maio de 2025 ao poeta e profesor lugués Claudio Rodríguez Fer como novo membro. A academia é unha "asociación internacional non gobernamental comprometida coa promoción do progreso científico e social, composta por científicos e artistas dedicados á investigación innovadora, á colaboración interdisciplinaria e transnacional e ao intercambio e difusión de coñecemento". A Academia conta con 38 premiso Nobel entre os seus membros de honra, e a intelectuais coma o arquitecto Frank O. Ghery ou o filósofo Peter Sloterdijk, entre outros. A cerimonia de ingreso celebrarse en Salzburgo (Austria) en marzo de 2026. Rodríguez Fer é autor dun cento de obras como poeta, narrador, autor teatral e ensaísta.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Claudio Rodríguez Fer, Austria, Nobel, Europa

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares