Marcelino Agís Villaverde é o novo presidente da Academia Xacobea

Xesús Palmou foi designado presidente de honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto da toma de posesión.

Foto da toma de posesión.

O catedrático de Filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde xa é o novo presidente da Academia Xacobea. Tomou o relevo durante o acto de apertura das actividades de 2025, que se celebrou no Paraninfo da Universidade de Santiago. O anterior presidente e un dos fundadores desta entidade, Xesús Palmou, será presidente de honra. Agís destacou no seu ingreso que desexa seguir contando "coa colaboración das institucións públicas, das entidades privadas e das persoas que suman os seus esforzos á organización das nosas actividades". O novo presidente da Academia Xacobea foi director de Departamento de Filosofía, decano e vicerreitor de Terceiro Ciclo da USC, e é membro da Academia de Ciencias de Lisboa -sección Letras- (Portugal) e da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas de España.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcelino Agís Villaverde, Xesús Palmou, Filosofía, USC...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares