Morre Ernesto Viéitez Cortizo

Foi presidente da Real Academia Galega de Ciencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O sábado 21 de setembro finou en Pontevedra Ernesto Viéitez Cortizo, un histórico e destacado científico galego, especialista en estudos de fisioloxía vexetal. Cortizo foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega de Ciencias, en representación da cal participou no Consello da Cultura Galega como membro do plenario desde a súa fundación en 1983. Precisamente foi esta institución quen editou unha das súas obras máis senlleiras: O Castiñeiro: bioloxía e patoloxía, escrito en colaboración con María Luísa Viéitez Madriñán e Francisco Viéitez Madriñán, que podes descargar na Mediateca do CCG.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega de Ciencias, Plenario, Universidade de Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega...