Víctor F. Freixanes será o novo presidente da Real Academia Galega

A votación será esta tarde ás 18.30 na sede da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Víctor Fernández Freixanes é o único candidato para a Presidencia da Real Academia Galega. A votación, que se celebrará esta tarde ás 18.30 na sede da entidade na Coruña, significará o seu nomeamento como Presidente, aceptando así a proposta feita polos académicos Xesús Alonso Montero, Margarita Ledo Andión e Antón Santamarina. Víctor F. Freixanes, anterior director da Editorial Galaxia e profesor na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, presentará esta tarde as "liñas mestras da proposta de xestións e os nomes dos compañeiros e compañeiras que quixera que me acompañasen nesta responsabilidade", manifestou.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Margarita Ledo Andión, Xesús Alonso Montero, Víctor Fernández Freixanes...