Víctor Fernández Freixanes é reelixido presidente da Real Academia Galega

A súa candidatura tivo 17 votos a favor e 3 abstencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O pleno da Real Academia Galega revalidou a Víctor Fernández Freixanes como presidente da institución, con 17 votos a favor e 3 abstencións. Na elección anterior, de marzo de 2017, a votación resultara con 18 votos a favor, 1 en contra, seis académicos ausentes e tres que escusaron a súa ausencia. Freixanes repite no cargo cunha comisión executiva integrada por Margarita Ledo como secretaria, Fina Casalderrey na tesouraría, Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría. O equipo traballará, durante estes catro anos, nun proxecto de "continuidade centrado no reforzamento do labor científico da RAG e da súa proxección social, pensando especialmente na promoción da presenza activa do idioma entre a xente nova".

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Fernández Freixanes, Real Academia Galega, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre...