Como estaba previsto, na tarde do pasado venres o profesor da USC Henrique Monteagudo foi elixido presidente da Real Academia Galega. O filólogo, que xa era secretario da institución, era a única candidatura presentada. Monteagudo presentou de seguido os membros da súa comisión executiva, que estará integrada por Ana Boullón Agrelo como secretaria; MarÃa López-Sández na tesourerÃa; MarÃa Dolores Sánchez Palomino como arquiveira bibliotecaria e Lourenzo Fernández Prieto como vicesecretario. O novo presidente da RAG situou o seu mandato ao redor de dous eixos: "continuidade e novo pulo". Monteagudo situou a "defensa da lingua galega" como eixo da súa acción, en consonancia co propósito fundacional da entidade e "comprometeuse a procurar novas formas de exercer esta responsabilidade, cada vez máis imperiosa por mor das medidas restritivas desenvolvidas na súa contra". Monteagudo situouse nunha "liña propositiva, en sintonÃa coas iniciativas que xorden do corpo social". Monteagudo tamén destacou que se seguirán fortalecendo a difusión e accesibilidade dos recursos de consulta lingüÃstica e "confiou en que na primeira metade do seu mandato poidan presentarse outras ferramentas de utilidade para o estudo e a divulgación do idioma como o Dicionario bilingüe castelán-galego, a Gramática do galego e o Dicionario de apelidos".
Monteagudo aborda a presidencia da RAG desde a "continuidade e novo pulo"
Foi escollido presidente e presentou a súa executiva
