A RAG fai membro de honra a Arcadio López Casanova

A institución tamén nomeou seis académicos correspondentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O poeta, crítico e filólogo lugués Arcadio López Casanova foi elixido o venres pasado como membro de honra polo Plenario da Real Academia Galega. Casanova, na actualidade profesor de Filoloxía Española na Universidade de Valencia, é autor dunha extensa obra poética e ten desenvolvido un importante labor de investigación e de difusión sobre a literatura galega. Canda a el, pasarán a participar na RAG, como membros correspondentes, Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e Xavier Vence Deza.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arcadio López Casanova, Fernando Ramallo, Xavier Vence, Olivia Rodríguez González...