Arcadio López-Casanova leva o premio Voz de Liberdade

O PEN Club recoñece así a súa defensa da liberdade de expresión

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Foto: RAG. Xosé Castro

Foto: RAG. Xosé Castro

O poeta, dramaturgo, crítico literario e investigador Arcadio López-Casanova foi recoñecido polo PEN Club de Galicia co seu premio Voz de Liberdade. Este galardón, que recoñece anualmente o traballo a prol da liberdade de expresión no campo da literatura galega, valora a "fidelidade á lingua galega ao longo de máis de cinco décadas" e mais o "permanente compromiso coa liberdade de expresión" do autor. López Casanova publicará en breve a antoloxía poética A palabra compartida e estará previsto que saian á luz tamén unha obra de teatro infantil e un cancioneiriño dos anos 70, segundo adianta a Real Academia Galega, institución da que o autor é membro de honra. O galardón entregarase o 25 novembro na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Lingua galega, Teatro, Real Academia Galega...