Avalada polo éxito de público e pola crítica "Top Dogs" dirxida por Mario Gas e protagonizada por Fernando Guillén chega ó Teatro Principal. Unha representación que abre o programa do Principal que acollerá ademais, danza, concertos de banda, fados, corais e así como un especial para o nadal.
Top Dogs
Con Mario Gas como director e protagonizada por Fernando Guillén e Ángeles Castilla "Top Dogs" chega a Santiago logo de triunfar en moitos escenarios de toda España. Unha obra que reflicte unha visión persoal de Mario Gas sobre a obra de Urs Widermes. A representación, que dura arredor de tres horas e media, amosa unha dura crítica do mundo das finanzas, a través de tres executivos que caen do seu posto polas esixencias do mercado.
Programación
"Top Dogs" inaugura a nova temporada do Teatro Principal, que este ano vén cargada de actos. O mércores comezará o Ciclo de Lecturas dramatizadas, organizadas pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea. Unhas xornadas que preceden ás exhibicións que a Compañía de Danza de Lisboa fará do 9 ó 15 deste mes. Uns espectáculos que completan os tradicionais concertos dominicais de bandas de música, un novo recital da Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza o día 20 e o concerto de fados, o día 21. Ademais, na axenda do Teatro Principal tamén está previsto que os máis cativos poidan desfrutar de Nadalxogo, o especial de Nadal que se vén organizando tódolos anos.