O festival que promove Estrella Galicia, o Ciclo 1906 Jazz, chega a súa sétima edición cun programa que achegará 23 concertos por todo o paÃs entre marzo e xuño deste ano. Os clubes serán os grandes protagonistas do encontro, que programa cadanseus tres recitais no Jazz Filloa da Coruña, no compostelán Dado Dadá, no Xacaranjazz de Vigo, no lugués Clavicémbalo, no Latino de Ourense e mais no Blabla Café, en Ferrol. Ademais o Teatro Principal de Compostela acollerá tamén tres concertos, e o ciclo fechará cunha Maratón de Jazz Galego na Praza da Quintana o 19 de xuño.
En total, o ciclo levará 50 concertos a 12 cidades de todo o Estado. No cartel deste ano reúnense 16 solistas e formacións, con nomes como Albert Vila Quartet, Jerry González Trio, Roberto Somoza Continuum, Freedonia, Oliver Lake & Tarbaby ou Avishai Cohen Group entre outros.
Programa do VII Ciclo 1906 Jazz.En total, o ciclo levará 50 concertos a 12 cidades de todo o Estado. No cartel deste ano reúnense 16 solistas e formacións, con nomes como Albert Vila Quartet, Jerry González Trio, Roberto Somoza Continuum, Freedonia, Oliver Lake & Tarbaby ou Avishai Cohen Group entre outros.