Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz

O calendario de concertos empeza o 17 de marzo en Compostela

13/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O contrabaixista Ron Carter.

Xa se coñece a programación do novo ciclo 1906 de jazz, que percorrerá 11 clubes de jazz emblemáticos e dous teatros, nunha proposta presente nas principais cidades galegas con clubes de jazz, así como en catro cidades do Estado: Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia. Serán 50 concertos durante catro meses. Ron Carter abrirá o ciclo no Teatro Principal de Santiago o día 17 de marzo, e seguirán artistas como Antonio Sánchez, Lionel Loueke, Giulia Valle, Nani García, Avishai Cohen, Joshua Redman ou Marcos Pin, entre outros.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Teatro, Nani García, Bilbao...