
Entre o programa de artistas internacional, destacan, entre outros moitos artistas da escena estadounidense ou europea, o dúas veces gañador de premios Grammy, Kurt Elling; a veterana cantante Sheila Jordan (Detroit, 1928); a artista nomeada para os Grammy, Cyrille Aimée; o saxofonista e compositor Immanuel Wilkins, de apenas vinte e catro anos, unha das estrelas máis mediáticas do selo Blue Note e autor do "mellor álbum de jazz" do 2020, segundo The New York Times.; tamén pasará por Lugo o guitarrista de Nova Orleáns Luke Winslow-King. Ademais tamén estarán os galego ValentÃn Caamaño Quartet, entre outros.