'Pontevedra en fotografÃas' é o tÃtulo do volume que recolle máis de 200 fotografÃas de LuÃs Pereiro co que a Deputación Provincial de Pontevedra ven de abrir unha nova colección sobre fotografÃa local. O Arquivo Provincial acolleu onte o acto de presentación desta publicación con presenza do vicepresidente do órgano provincial, Rafael Dominguez. O volume está coordinado por Antón Sobral e constitúe o primeiro exemplar da nova colección de fotografÃa local que lanza o servizo editorial da Deputación para poñer en valor o talento dos fotógrafos da provincia. Ademais de repartirse entre os asistentes á presentación, a Deputación tamén distribuirá exemplares de 'Pontevedra en fotografÃas' entre as bibliotecas públicas e puntos de lectura da provincia.
'Pontevedra en fotografÃas' recolle unha selección de fotografÃas de LuÃs Pereiro, natural de Palas de Rei (Lugo) `pero que leva máis de tres décadas vivindo en Pontevedra, que capturan unha poética visual desde a experiencia emocional do seu autor, na que salienta a presenza da luz e as súas oscilacións segundo a época na que foron realizadas. Integran a publicación imaxes de paisaxes e monumentos e ata de celebracións como o Entroido, a Semana Santa ou a Feira Franca, ou tamén de detalles, todas elas de alta calidade técnica e localizadas no municipio, tanto no seu casco histórico e urbano como nas parroquias. Pereiro é fotógrafo afeccionado e as súas estampas da cidade de Pontevedra levárono a expoñer en lugares como o Palacete das Mendoza, sede de Turismo RÃas Baixas.