'Rosalía en Camiño' reunirá a vindeira semana a creadores en Padrón e Santiago

O programa destes diálogos literarios xuntara nomes como Oliver Laxe, Gonzalo Hermo ou Oriana Méndez

O programa destes diálogos literarios xuntara nomes como Oliver Laxe, Gonzalo Hermo ou Oriana Méndez
Unha nova edición do programa 'Rosalía en Camiño' dará comezo o vindeiro 7 de maio en Padrón para desenvolverse entre a Casa de Rosalía e o Museo do Pobo Galego de Santiago ata o 9 de maio. A Fundación Rosalía de Castro, co apoio de Turismo de Galicia e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza estes Diálogos Literarios Multilingües , que coordinados pola poeta Chus Pato reunirán as voces de creadores multidisciplinares como Oríana Méndez, Oliver Laxe, Gonzalo Hermo, Castillo Suarez, Maria Sevilla e Juan García Andrés Román. Estes autores irán desenvolvendo diferentes encontros sobre temáticas concretas ao longo dos tres días, que incluirán tamén recitado de poemas. O peche do programa incluirá a actuación da formación aTorna, que revisita a música de tradición oral e o baile tradicional galego a través da música electrónica.