Os Premios da Crítica estatal recoñecen a Manuel Rivas e Daniel Salgado

As obras Tras do ceo e Poemas realistas foron a mellor novela e o mellor poemario en lingua galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Española de Críticos Literarios deu a coñecer os premios que outorga a recoñecer as mellores obras publicadas no último ano. Dentro destes, outorgoulle o galardón á mellor obra de narrativa e lingua galega á novela Tras do ceo, de Manuel Rivas, publicada por Xerais.

Canda a ela, o poemario Poemas realistas, escrito por Daniel Salgado e publicado por Apiario, foi escolleito como mellor obra de poesía de 2024. Un xurado de vinte membros da Asociación de Críticos encargouse de seleccionar os traballos recoñecidos con estes premios, que contan cunha categoría para cada unha das catro linguas oficiais do Estado.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Lingua galega, Daniel Salgado, Narrativa...