A Asociación Española de CrÃticos Literarios (AECL) daba a coñecer este sábado 13 de abril en Ferrol o fallo dos seus galardóns anuais. Entre estes, o de narrativa en lingua galega, que foi para a novela Perder as bestas de Manuel Veiga. Antón Lopo, á súa vez, foi recoñecido co de poesÃa na nosa lingua pola súa obra Diarios/1. Azul Monforte. Os galardóns non teñen dotación económica.
Segundo sinala o fallo, a obra de Veiga, ambientada na represión contra a guerrilla antifranquista, "representa unha nova visión da posguerra e da historia da guerrilla (os fuxidos) pero tamén das formas posibles de identificación entre os seres humanos e a terra". O xurado destacou da obra que "nun escenario dominado pola natureza e pola violencia sen paliativos, Veiga emprega un estilo minimalista, de altÃsima eficacia grazas a un poderoso traballo de selección léxica". A obra achéganos "a un grupo de seres anónimos, cunhas vidas que aparecen condicionada spolo medo, a precariedade e a obrigada (e perturbadora) convivencia con individuos que ostentan o poder malia a ser refugallo humano.
Pola súa banda, a obra de Lopo parte da estrutura do diario para reflexionar sobre a morte da nai, os coidados e "o lastre que supón a convivencia, sobre todo na mocidade" nunha escrita que se encamiña cara á reconciliación na madurez. Segundo apunta o fallo "o esforzo por comprender as lembranzas que abrollan cando finaliza a vida da nai vértese desde a progresión propia da narrativa e o lirismo das imaxes. Impacta a sinceridade do eu lÃrico, a procura de varios estratos de lectura a través da experimentación discursiva e os finais escintilantes, próximos á revelación".