Un novo convenio garante a recuperación do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras

Concello de Xinzo e Confederación Hidrográfica investirán 920.000 euros para abordar a segunda fase dos traballos

Concello de Xinzo e Confederación Hidrográfica investirán 920.000 euros para abordar a segunda fase dos traballos
Claustro do Bon Xesús de Trandeiras. Fonte: Turismo de Galicia
A segunda fase das obras de consolidación e mellora do patrimonio hidráulico do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, xa conta con financiamento. Un novo convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño Sil e o Concello permitirá abordar as novas actuacións neste monumento cunha dotación de 920.000 euros, das que a Conferederación achegará o 85%.

O acordo, asinado este 12 de abril, amplía o ámbito dos traballos á totalidade das infraestruturas hidráulicas do monumento, a incluír fontes, minas de auga e canalizacións que ata o de agora se atopaban en fincas particulares que serán adquiridas polo concello.

Ademais, construirase un edificio para recepción de visitantes no estremo sur do conxunto e instalarase unha serie de pasarelas metálicas para facilitar o percorrido polo edificio, o que permitirá o acceso ás zonas superiores do mesmo. A estas melloras sumaranse novas consolidacións do monumento e a instalación de iluminación e sinaléctica para facilitar a visita nocturna.

A primeira fase de obras, rematada en 2024, contou cun investimento de 717.000 euros e permitiu a consolidación dos restos que se conservan deste mosteiro do século XVI e a recuperación de boa parte da complexa infraestrutura hidráulica do conxunto.