Aberta a licitación para a restauración do mosteiro de Trandeiras

O investimento terá un valor de máis de 700.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Inorde

Foto: Inorde

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil xunto co concello de Xinzo abriron a licitación para a restauración do mosteiro do Bo Xesús de Trandeiras. O proxecto contempla a recuperación en varias fases. Nesta primeira intervirase sobre o complexo sistema de provisión de auga do mosteiro, que inclúe canalizacións, fontes, captacións, depósitos e mananciais e recuperar o uso sustentable da auga. Tamén se consolidará o propio edificio. Na actualidade o mosteiro é un gran edificio centrado nun claustro e sen tellado. Consolidarase a estrutura, realizarase unha limpeza e se reporán os elementos caídos, así como se instalarán paneis interpretativos e unha cuberta temporal na torre. Para esta primeira fase contémplase unha partida de 711.000 para a que as empresas poden concorrer ata o 13 de decembro. As seguintes fases contemplarán unha maior definición dos usos do inmoble, como a adaptación da sacristía como espazo informativo ou de celebración de eventos. O mosteiro de Trandeiras foi fundado no século XVI e é un dos escasos representantes do estilo manuelino portugués en Galicia.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Torre, Miño, Sil

Claves

Conceptos
Lugares