Vigo abre a convocatoria para presentar proxectos expositivos

Financia proxectos por un máximo de 30.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Casa Galega da Cultura. Foto: Álvaro Rodríguez Resino / Wikipedia

Casa Galega da Cultura. Foto: Álvaro Rodríguez Resino / Wikipedia

O concello de Vigo abriu a convocatoria para a presentación de proxectos expositivos que se seleccionarán para a programación da cidade en 2026. Segundo a convocatoria, "a Concellería de Cultura está a traballar na reorganización dos centros museísticos da cidade, avanzando na segmentación da oferta e na especialización dos espazos. Nesta liña priorizaranse nas salas que son obxecto desta convocatoria as exposicións temporais relacionadas coas linguaxes creativas contemporáneas e as que exploran os grandes temas da sociedade contemporánea, valorando especialmente as propostas artísticas locais e galegas en xeral". Deste xeito, a convocatoria vai destinada a dous espazos, a Casa Galega da Cultura, orientada ao "ao talento creativo das e dos artistas emerxentes de ata 35 anos de idade" e a Casa das Artes, destinado a "artistas, comisarias e comisarios, xestoras e xestores culturais, entidades e outros axentes activos do circuíto profesional". As exposicións levadas a cabo na Casa Galega da Cultura terán un orzamento máximo de 5.000 euros e as da Casa das Artes de 30.000. O prazo remata o 29 de marzo.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Casa das Artes, Concello de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares