O festival Atlantic Pride, coñecido como 'Orgullo do Norte', ven de lanzar unha campaña de micropatrocinios para apoiar a súa edición 2025a e axudar á sostibilidade e crecemento do encontro. Nunha liña pouco habitual para un festival que ten como sede unha cidade grande e que xa vai pola súa sexta edición, a organización fai un chamamento ao tecido comercial e empresarial da Coruña para formar parte activa da rede de colaboradores do encontro, que este verán celebrará a súa 6ª edición do 6 ao 13 de xullo. As achegas poden oscilar entre os 150 e os 1.000 euros, a cambio da presencia da entidade colaboradora no site e as redes sociais do evento, asà como a súa visibilidade durante a celebración do festival no escenario principal (no caso das aportacións máis cuantiosas). Ademais, para agradecer a colaboración e conformar unha rede de apoio ao festival, entregarase un adhesivo exclusivo do Atlantic Pride 2025 para que todos os micropatrocinadores poidan lucilo con orgullo nos seus locais e presumir do seu apoio a un evento que pon en valor a diversidade e reivindica a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.
Hai que lembrar que o Atlántic Pride trátase dun festival pioneiro, gratuÃto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. Impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- coa colaboración do Concello da Coruña, da Deputación Provincial e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. Na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas na cidade herculina. O cartel desta edición xa presenta nomes como Judeline, Edurne, Nia, Merche, Paula Koops, De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA, Jimena Amarillo, Mayo e os djÂ’s SofÃa Cristo e Cascales DJ. Coa fin de que a cita continúe a crecer o festival convida á cidadanÃa a sumarse á gran festa do Orgullo na cidade e, cunha pequena aportación, poida axudar ao Atlantic Pride a dar novos pasos mentres lle da voz á aportación dos proxectos colaboradores. Toda a información desta acción de micropatrocinios está dispoñible na páxina web www.atlanticpride.es, con diferentes opcións e recompensas para os distintos colaboradores.