Luis Maceira gaña o Certame de Literatura do Atlantic Pride

A terceira edición do premio de relato curto sobre diversidade LGTBI+ deixa tamén segundo e terceiro premio

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Atlantic Pride

Atlantic Pride

Co peche da quinta edición do festival Atlantic Pride na Coruña chegou a resolución sobre o III Certame de Literatura LGTBI+ que se convoca co evento. Luis Maceira Cid, co relato 'Instrucións previas', gaña o primeiro premio; mentres que Tamara Jiménez Quirós álzase co segundo, co texto 'Tan diferentes como iguais'; e Laura Souto Queijeiro acada a terceira posición con 'Como se xestiona unha crise'. As obras gañadoras, escritas todas en galego, orixinais e inéditas, de temática libre e con vinculación á diversidade LGTBI, recibirán premios en metálico de 600, 300 e 100 euros. Este concurso literario de relato curto sobre diversidade, que o Atlantic Pride organiza en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, a través do club de lectura QUEERuña, rexistrou neste 2024 o seu récord de participación. O Certame de Literatura LGTBI+ naceu en 2022 para visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, A Coruña, Xénero, Bibliotecas...

Claves

Entidades
Lugares