O primeiro Atlantic Pride busca colocar A Coruña no mapa das celebracións LGTBQI

Presenta un programa de actividades durante toda a semana con varios concertos

A asociación Orgullo Coruña (ORCO) organiza entre os vindeiros días 7 e 14 de xullo a primeira edición de Atlantic Pride, unha semana de eventos lúdicos, culturais e reivindicativos cos que visibilizar a diversidade afectiva-sexual. O evento xurde co obxectivo de ser o referente no noroeste destas reivindicacións e colocar A Coruña no mapa nacional e internacional de cidades que conmemoran o Día Internacional do Orgullo LGTBQI. ORCO ven de presentar o cartel completo de actividades da Atlantic Pride que inclúen moitas propostas musicais, proxeccións audiovisuais, obradoiros infantís e diversos tipos de encontros coa literatura e as artes. Varias prazas e espazos da cidade acollerán os actos previstos, como a Fundación Luís Seoane ou a Casa-Museo Casares Quiroga. Os xardíns de Méndez Núñez acollerán boa parte das celebracións ademáis do fin de festa coa actuación do grupo catalán La Casa Azul. No programa tamén están previstas as actuacións de Dj’s e artistas galegos como Ortiga, o dúo Presumido, Los Jinetes del Trópico ou Os do fondo da Barra, entre outros.

Ligazóns