O Atlantic Fest ven de anunciar o inicio das súas actividades pre-festival, que expnaden o evento máis alá dos tres dÃas do propio festival en xullo. Eventos espallados por toda Galicia cos que a marca Atlantic vai convocando ao seu público durante os meses previos ao festival da Illa de Arousa. A primeira das citas será os vindeiros dÃas 24 e 25 de marzo coas xornadas Emprende+ Gaiás, nas que a Cidade da Cultura acolle durante dúas tardes un encontro de profesionais e estudantes da industria musical co obxectivo de contribuÃr ao desenvolvemento de mercados. Atlantic Emprende+ Gaiás está organizado pola Fundación Cidade da Cultura en colaboración co Atlantic Fest co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic. Durante as xornadas falarase dos novos modelos de evente, a importancia da música no progreso dos territorios e tamén se falará das implicacións da nova Lei de Espectáculos da Comunidade. Tras isto, o vindeiro dÃa 14 de abril terá lugar no Playa Club da Coruña o primeiro dos Atlantic Days, eventos con música en directo. Iván Ferreiro protagonizará a ocasión primeiro cunha conversa sobre música, os comezos da súa carreira e as súas influenzas como artista para seguidamente ofrecer un concerto en formato acústico, o acto terá lugar en horario de mediodÃa.