Volve o Festival Agrocuir na Ulloa

O encontro de reivindicación da diversidade sexual no rural celebra esta fin de semana a súa sétima edición

23/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
40 lecturas | Compartido 0 veces

Unha nova edición do Festival Agrocuir, terá lugar esta fin de semana, do 27 ao 28, no concello de Monterroso. A cita lucense reivindica a diversidade sexual e de xénero no rural a través dun evento musical, artístico e cultural. A comarca da Ulloa acollerá durante estes dous días numerosas actividades e espectáculos. Obradoiros de diversos tipos. performances e actuacións teatrais ou musicais como a de Xosé Lois Romero & Aliboria conforman un programa que ambos días enche de citas desde o medio día ata a madrugada. Esta é a sétima edición deste evento singular que contribúe a difundir e a poñer en valor a riqueza patrimonial da provincia e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no rural, organizado desde a Asociación Agrocuir da Ulloa.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulloa, Xosé Lois Romero, Economía, Xénero...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares