O festival Agrogay terá nova edición como Agrocuir

O evento centrarase na loita do colectivo trans e na defensa do bosque autóctono

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaSociedade
Compartir:
Cartel de 4º Agrocuir. Deseño gráfico: Gemma Pérez coa colaboración de Cristina Cotelo e Andrea JM.

Cartel de 4º Agrocuir. Deseño gráfico: Gemma Pérez coa colaboración de Cristina Cotelo e Andrea JM.

Cando vai facer a súa cuarta edición, o festival Agrogay de Monterroso ven de mudar a súa denominación por Agrocuir. Os días 25 e 26 de agosto celebrarase así o 4º Festival Agrocuir da Ulloa, organizado polo colectivo co mesmo nome, que ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural. O cambio de denominación busca superar os conceptos que habitualmente aprisionan en identidades construídas e dar valor á loita do colectivo transexual ao que se dedicará esta edición ademais de á defensa do bosque autóctono. O programa ven de presentarse e conta coas actuacións de Radio Cos, Mercedes Peón, Silvia Penide e Rodrigo Cuevas, entre outros. Ademais da música en vivo o festival ofrecerá obradoiros e charlas, proxeccións audiovisuais e feira de artesanía na Granxa Maruxa.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penide, Mercedes Peón, Feira, Monterroso...

Claves

Conceptos
Lugares