A Deputación da Coruña crea o Premio Luis Seoane de Deseño

Recoñecerá traxectorias relevantes de máis de dez anos e ten unha dotación de 6.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Acto de presentaciíón do premio   Foto: Deputación Prov. da Coruña

Acto de presentaciíón do premio Foto: Deputación Prov. da Coruña

O departamento de Cultura de Deputación Provincial da Coruña anunciou a creación do premio Luis Seoane de deseño, que recoñecerá as traxectorias, de máis de dez anos, de persoas, colectivos ou entidades cuxos traballos sexan relevantes nas especialidades do deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos de organización, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e deseño de moda. Establécese un único premio de 6.500 euros e o prazo para presentar candidaturas de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)– comeza hoxe e rematará ás 14 horas do 19 de maio.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidirá o xurado, que estará formado por unha persoa que pertenza ao ámbito do ensino do deseño, tres profesionais en exercicio de diferentes especialidades –gráfico, de produto, dixital, de moda, etc.– e unha persoa do ámbito empresarial ou cultural, especialmente relacionado cos campos do deseño, a arte e a comunicación. "Con este novo premio, que incorporamos ao xa imprescindible catálogo de certames convocados polo departamento de Cultura da Deputación", explica González, "queremos non só homenaxear a figura irrepetible de Luis Seoane, creador total, visionario e pioneiro do deseño gráfico en Galicia, cuxa obra e legado é fundamental para entender a modernidade estética no noso país. Queremos tamén galardoar traxectorias consolidadas e que a convocatoria se converta nun referente e nun espazo de encontro e recoñecemento para os e as profesionais do deseño en todas as súas disciplinas".

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

¿Tralo deseño galego?

¿Tralo deseño galego?

Unha mesa de debate reflexiona sobre as posibilidades dun deseño creativo galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Moda, Deputación Provincial, Natividade González...