Nace o Arquivo de Deseño Galego

A base de datos abrangue desde o deseño gráfico ata o industrial ou o dixital

3/3/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónArte
44 lecturas | Compartido 0 veces
A Asociación Galega de Deseño (DAG) acaba de facer público AR\DE, unha "plataforma sobre a historia do deseño en Galicia". Concibida como unha basee de datos, está estruturada en catro apartados: bibliografía impresa, recursos web, espazos físicos e recursos audiovisuais. Nestes momentos conta con máis de 100 referencias bibliográficas e preto de 200 entradas con diferetnes recursos e fontes de documentación. Desde a DAG sinalan que se atopan máis de 80 autorías diferentes, 50 entidades editoras e 100 referencias a deseñadroes que van desde moi distintos ámbitos: o deseño de espazos, o deseño dixital, o industrial ou o gráfico. O proxecto foi coordinado por María Ramós, María Agra, Óscar Otero e Ana Boquete e o deseño correu a cargo de estudo Desoños. Pode consultarse en arde.gal.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Conceptos