A Xunta acaba de facer pública a concesión de preto de 50.000 euros en axudas a cinco festivais de música de pequeno tamaño, destinadas especificamente á contratación de bandas ou solistas de Galicia. O Ateneo Barroco de Santiago de Compostela, Beatout Fest da Coruña, Encordass Fiddle Fest na illa de San Simón de Redondela, Murallón de Son en Silleda e The Wild Fest de Vigo son as citas subvencionadas, que abranguen moi diferentes estilos e públicos.Cada un dos encontros recibirá arredor de 10.000 euros, a contÃa máxima por proxecto consignada nas bases, que deberán investir integramente no pagamento dos cachés artÃsticos dos grupos galegos que formen parte dos seus carteis. O ano pasado foron 32 as contratacións de 30 artistas de Galicia realizadas polos catro eventos beneficiarios da anterior convocatoria.
Esta concesión enmárcase no recente cambio respecto ás achegas da administración autonómica ao sector dos festivais de música, que arestora teñen un orzamento moi superior a través de acordos de patrocÃnio coa marca FEST Galicia ou Xacobeo.gal que recaen en festivais de medio ou gran tamaño. No caso de FEST Galicia, o selo creado polo Xunta para agrupar festivais que difunden a imaxe da nosa Comunidade como destino musical, a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude ten previsto publicar proximamente a convocatoria de 2025. A través dela, destinaranse 350.000 euros a contratos de patrocinio con entidades privadas que organicen encontros destas caracterÃsticas durante os meses centrais do ano.