Doce festivais musicais reparten as aumentadas subvencións da Xunta

O orzamento para estes eventos creceu nun 27%

| Santiago. S. Montes | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Doce festivais musicais son os beneficiarios das axudas públicas repartidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) segundo ven de facer público este organismo no seu web. A resolución das subvencións da Xunta a festivais de música achega 280.000 euros este ano, 60.000 máis que o pasado ano 2017. Unha vez máis o Resurrection Fest da empresa Old Navy Port é o evento que máis axuda pública autonómica consegue. O macro festival de rock duro de Viveiro acada 47.093 euros. PortAmérica e Atlantic Fest son os dous seguintes con 39.203 e 29.993 euros respectivamente. O propio Altantic fest da Illa de Arousaentra na lista de reparto, na que non estivera o pasado ano, tamén é o caso do Morrasound Rock Festival, novo neste reparto e que leva a menor das axudas con 3.879 euros. Nas outras citas merecedoras de axudas públicas segundo a comisión avaliadora mantéñense as contías na meirande parte delas con pequenas variacións, agás no caso do festival Cantos na Maré de Pontevedra que si ben no ano pasado recibía a menor das axudas públicas, no caso deste ano aumenta ata os 28.297 euros, (26.000 más que no 2017) colocándose como a cuarta cita en recibir máis axuda da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Atlantic Fest, Maré, Resurrection Fest...