Os festivais que se beneficiarán das axudas de AGADIC son o Resurrection Fest, PortAmérica, Festival do Norte, Festival da Luz, Sinsal Son Estrella Galicia, Revenidas, Reperkusión, FIV, Nordestazo Rock, Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, Festival de Jazz de Lugo e Festigal. En total os festivais recibirán 210.000 euros. Con esta liña de axudas, Agadic "busca contribuír á consolidación do mapa galego de festivais, considerados estratéxicos para o desenvolvemento das industrias culturais".
