A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar hoxe a relación de proxectos subvencionados, puntuacións e contÃas concedidas ao abeiro da súa convocatoria de subvencións a festivais de artes escénicas e de música. Estas axudas repartiron na convocatoria deste ano a mesma contÃa orzamentaria que no 2016: 220.000 euros para os festivais musicais e 170.000 para os de artes escénicas. Neste derradeiro caso da citas teatrais e de monicreques os nove eventos que reparten as axudas da administración autonómica son os mesmos nove que no pasado ano e as cantidades outorgadas mantéñense case iguais no caso do FIOT, que recibe a meirande subvención, cerca dos 50.000 euros do máximo outorgable, e tamén no caso do Festiclown ou do FETEGA do Carballiño que é que menos recibe con 6.546 euros. No resto dos casos as axudas teñen algunhas variacións de baixada e subida.
No tocante aos festivais musicais, malia ser a mesma que o pasado ano a cantidade a repartir o número de festivais axudados diminúe pasando de 13 do 2016 a 11 nesta convocatoria. Este ano entra na lista o Festival V de Valarés, que recibe máis de 22.000 euros, e desaparecen da lista de axudas con respecto ao pasado ano os ciclos Santiautor de Santiago e VertixeVigo O Resurrection Fest segue a ser o que maior axuda consegue, con 50.000 euros o que supón apenas un compmento para os seu extenso orzamento anual. O WOS Festival de Santiago case duplica a axuda pública acadada o pasado ano chegando cerca do 18.000 euros mentres que no sentido contrario Cantos na Maré pasa reducir case na metade a súa subvención conseguindo cerca dos 2.500 euros. Outros que ven reducida en maior ou menor contÃa a axuda que reciben da Xunta son o Festival de La Luz e o Festival de Jazz de Lugo, pola contra ve aumentar a súa contÃa a axuda do FIV de Vilalba para a edición que tivo lugar este ano. No resto dos casos as variacións resultaron mÃnimas respecto a anterior convocatoria.