A Academia de Ciencias elixe ao químico catalán Fernando Calvet como Científico Galego do ano

Foi o modernizador da química orgánica en Galicia na USC e impulsor dos Laboratorios Zeltia

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaHistoria
Compartir:
Fernando Calvet i Prats

Fernando Calvet i Prats

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixiu ao químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) como 'Científico Galego de 2025'. Calvet é valorado como introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na Universidade de Santiago nos anos 30 do pasado século. Creou o primeiro laboratorio de Química da Universidade de Santiago e foi un dos impulsores dos Laboratorios Zeltia do Porriño.

Para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións ao conxunto da sociedade, vanse celebrar unha serie de actividades ao longo deste ano. Esta tarde terá lugar unha conferencia do académico da RAGC Manuel Freire Rama, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago no marco de 'Os Luns do Ateneo', na sede de Afundación en Santiago, a partir das 19:30 horas; en colaboración co Ateneo e o Concello de Santiago.

Que che parece esta nova?
203 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Zeltia, Barcelona, USC, Real Academia Galega de Ciencias...