O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a Ignacio Ribas Marqués

Foi artífice do despegue da química orgánica no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a Ignacio Ribas Marqués

Foi un pioneiro na química orgánica no noso país e traballou na obtención de produtos naturais a partir de especies vexetais autóctonas. No seu haber figura a descuberta de substancias que bautizou como coruñina, santiaguina, orensina ou pontevedrina e o ter colaborado na creación da empresa Zeltia. Ignacio Ribas Marqués será o investigador homenaxeado no vindeiro Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia de Ciencias daba a coñecer a conmemoración, que se celebrará o vindeiro 8 de outubro e que coincide cos vinte anos do falecemento de Ribas. A Academia anuncia que xa desde este primeiro trimestre de ano comezarán as actividades de divulgación sobre esta figura e o seu traballo, para o que contarán coa colaboración das institucións científicas vinculadas ao investigador e da Fundación Barrié.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Zeltia, Fundación Barrié

Claves

Conceptos