Pilar Bermejo é a quinta muller que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A investigadora é catedrática de Química Analítica na Universidade de Santiago de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Fotografía do Twitter de Pilar Bermejo

Fotografía do Twitter de Pilar Bermejo

O vindeiro nove de maio, a é catedrática de Química Analítica da Universidade de Santiago de Compostela, converterase na quinta muller que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias. A profesora completou a súa formación na Universidade de Plymouth no Reino Unido e na actualidade ocupa o cargo de decana da Facultade de Química da USC. Segundo destaca a Academia "ten un curriculum investigador extenso e brillante e leva a cabo interesantes actividades encamiñadas a mellorar a percepción social da Química. Foi coordinadora do Programa Piloto ECTS de ERASMUS na área de Química. Ademais Coordina a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e o programa TASSEP ( Transatlantic Science Student Exchange Programme)". O acto de ingreso celebrarase no Salón de Actos do Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega de Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela, USC, Reino Unido...