Dous investigadores galegos ingresan na Academia Europea de Ciencias

Os químicos José Luís Mascareñas e Luis Liz Marzán son as novas incorporacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago, o alaricano José Luís Mascareñas, acaba de ser seleccionado para ingresar na Academia Europea de Ciencias (EURASC). Canda a el, outro químico galego, Luís Liz Marzán, súmase ao cadro desta institución. Mascareñas dirixe na actualidade o Centro singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) en Santiago de Compostela, mentres Liz Marzán desenvolve a súa carreira en Ikerbasque, Euskadi. Canda a eles, a institución incorporou recentemente ás súas filas científicos doutros lugares de toda Europa.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Euskadi, Europa, Santiago de Compostela