Comeza o ano Antonio Casares Rodríguez

A USC conmemora o bicentenario do pai da química moderna en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Este 2012 cúmprense 200 anos do nacemento de Antonio Casares Rodríguez, pai da química moderna en Galicia e introdutor no Estado do arco voltaico. Para o conmemorar, a Universidade de Santiago de Compostela presentaba onte o Ano Antonio Casares, unha conmemoración que arrinca o vindeiro día 14 cunha conferencia na facultade de Medicina na que se abordará o traballo do homenaxeado coa anestesia. O vindeiro 19 outra conferencia tratará o traballo de Casares na autentificación dos restos do Apóstolo. Actividades na semana da ciencia ou a exposición 30 de outubro ao 31 de decembro, conmemorará o Ano Casares co lema ‘Antonio Casares investigador e reitor da modernidade que se poderá ver no pazo de Fonseca son outras actividades previstas neste programa.

Para o vindeiro mes de febreiro celebrarase o simposio Transcendencia académica e social de Antonio Casares, no que se tratará desde unha perspectiva multidisciplinar a figura do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A química de Casares

A química de Casares

Varias actividades divulgan a repercusión do legado de Antonio Casares

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Ciencia, Medicina, Apóstolo...