Juan Casares Long, novo reitor da Universidade de Santiago

O dia 4 de xuño terá lugar a proclamación definitiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O catedrático de Enxeñaría Química Juan J. Casares Long (A Coruña, 1950) será o futuro reitor da Universidade de Santiago. Co 100% do voto escrutado, conseguiu o 56,91 por cento do voto ponderado o que o converte no novo reitor pero a súa victoria non será efectiva ata o vindeiro 4 de xuño, día no que remata o período de reclamacions. Na xornada de votación celebrada onte destacou a baixa participación entre o alumnado (a penas un 8.46% entre os estudantes de primeiro e segundo ciclo). Entre as súas promesas figura crear un regulamento do persoal investigador, un rexistro de persoal investigador en formación, eliminar a taxa de expedición do suplemento europeo ao título e negociar un plan de financiamento.

Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1972, Casares doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñería Química pola Universidade de Salford. Logo de traballar a mediados dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como profesor titular.

Catedrático das Universidades de Sevilla e Cantabria, o profesor Casares foi director do Centro de Supercomputación de Galicia entre 1993 e 1997 e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001).

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito