Todo listo para celebración da Día da Ciencia en Galicia

O Instituto Español de Oceanografía publica unha biografía de Ángeles Alvariño

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O vindeiro sábado, 8 de outubro, celébrase o Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia Galega de Ciencias ten xa preparada a súa conmemoración para esta edición, na que homenaxea o químico Ignacio Ribas. A Aula Magna da Facultade de Química da USC recollerá os actos de conmemoración, que inclúen unha conferencia sobre Ribas a cargo de Luis Castedo Expósito e a entrega do I Premio Galicia de Xornalismo Científico, que foi para Raúl Romar García, pola súa reportaxe Galicia reclutará a 1.000 pacientes en el mayor ensayo para tratar la artrosis publicada en La Voz de Galicia.

Precisamente a investigadora homenaxeada na anterior celebración desta data, Ángeles Alvariño, protagoniza a última publicación do Instituto Español de Oceoanografía. A coincidir co centenario do nacemento desta investigadora, a entidade acaba de facer pública na rede a biografía Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial, da autoría de Alberto González-Garcés. O instituto lembra que Alvariño é a única investigadora española inclúida na Encyclopedia of World Scientist (Oakes, 2007).

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Xornalismo, Real Academia Galega de Ciencias, USC...