A oceanógrafa Ángeles Alvariño protagoniza os actos do Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia Galega de Ciencias coordina esta celebración, coñecida antes como Día do Científico Galego. O pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolle a partir das sete desta arte unha semblanza e unha conferencia sobre a homenaxeada. Ademais, a Fundación Barrié distribuirá unha unidade didáctica sobre a investigadora en centros de toda Galicia e organizará obradoiros para escolares en relación ao seu traballo nas sedes da Coruña e de Vigo. O Instituto Español de Oceanografía da Coruña organizará unha xornada de portas abertas o día 6 de xuño para lembrar o labor desta científica na organización, que a levou a descubrir 22 novas especies mariñas.