O botánico e meteorólogo Baltasar Merino Román protagoniza hoxe o Día da Ciencia en Galicia, celebración que promove a Real Academia Galega de Ciencias. A coincidir co centenario do falecemento deste investigador, a entidade quere pór de relevo o traballo do autor da Flora Descriptiva e Ilustrada de Galicia, obra pioneira na que, entre 1905 e 1909 catalogou por vez primeira 1.845 especies de plantas do país, moitas delas descoñecidas previamente. A nivel meteorolóxico foi un dos promotores no emprego do barómetro para predicir tempestades e desenvolveu un importante papel na creación da creación da rede de estacións pluviométricas de España entre outros fitos. O pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acollerá ás 19 horas o acto de homenaxe da Academia, no transcurso do cal tamén se entregará o II Premio de Xornalismo Científico ao redactor de GCiencia Manuel Rey Pan.
A coincidir con esta celebración, a Academia de Ciencias presenta a nova etapa da súa revista A Ciencia en Galicia, que volve ver a luz nunha dupla versión en papel e web, mercé a unha colaboración co portal de divulgación GCiencia. A primeira entrega desta xeira, que corresponde ao número 36, consta de 68 páxinas e inclúe unha serie de reportaxes sobre a figura de Merino. A publicación, que ten carácter anual, recollerá en cada número unha selección das novas máis destacadas da ciencia en Galicia no 2017 en combinación cos mellores traballos publicados en GCiencia durante o mesmo período.