O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará o químico Tomás Batuecas

O seu traballo permitiu establecer con exactitude o peso atómico de diferentes elementos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará o químico Tomás Batuecas

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) anunciaba onte que o químico Tomás Batuecas Marugán será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia. A totalidade dos membros desta institución apoiaron a proposta que recoñece a importancia deste investigador "como referente internacional na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos". Segundo explica a Academia de Ciencias "esta propiedade dos diferentes tipos de elementos que forman a materia é fundamental para orientar e manexar as súas aplicacións en innumerables campos do coñecemento e da industria". A conmemoración coincide ademais coa celebración dos 150 anos da creación da Táboa Periódica dos Elementos Químicos. O Día da Ciencia en Galicia celébrase cada 8 de outubro.

Batuecas, nado en 1893, publicou 139 traballos científicos, dos que arredor de 50 foron difundidos por revistas internacionais de primeiro nivel. Segundo explica a Academia, "neles queda constancia dos esforzos do químico da USC por afinar todo o posible diversos métodos de determinación rigorosa de masas atómicas. Grazas a estes, el e o seu equipo conseguiron especificar as de varios elementos: o aluminio, o magnesio, o silicio, o sodio, o potasio, o arsénico e o plomo".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Real Academia Galega de Ciencias, USC