Unha unidade didáctica permite coñecer as achegas de Tomás Batuecas á química

Pódese descargar desde o web do Consello da Cultura Galega

7/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: ciencia
30 lecturas | Compartido 0 veces

Cuberta da publicación

O Consello da Cultura Galega acolleu esta mañá a presentación da unidade didáctica Tomás Batuecas, que presta atención ás achegas deste físico de orixe estremeña e catedrático de Química física da Universidade de Santiago. Batuecas foi escollido este ano como figura do Día da Ciencia en Galicia pollas súas contribucións no campo das masas atómicas. Batuecas estudou as masas do aluminio, magnesio, silicio, sodio, potasio, arsénico chumbo pero sobre todo a de carbono e, segundo o CCG, "as súas achegas foron relevantes para orientar e manexar as súas aplicacións en innumerables campos do coñecemento e a industria". A unidade didáctica, editada polo Consello da Cultura Galega, respaldada pola Real Academia de Ciencias e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, é da autoría de Manuel Bermejo e Ramón Cid.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas