A SELIC pasa ao outono baixo a dirección de Lorena Conde

O Festival da Lectura de Santiago fai un punto de inflexión este ano presentando cambios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lorena Conde e Miriam Louzao  Foto: Concello de Santiago de Compostela

Lorena Conde e Miriam Louzao Foto: Concello de Santiago de Compostela

A nova edición do Festival da Lectura SELIC de Santiago de Compostela traerá importantes cambios buscando achegarse ao público escolar e á veciñanza e reforzar actividade das librarías locais. Así anunciou hoxe en rolda de prensa a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao. Este punto de inflexión arranca co nomeamento dunha nova directora artística, Lorena Conde, que entra en substitución de Camilo Franco. A nova directora artística da SELIC, dramaturga, directora de teatro, actriz, artista plástica, narradora e poeta porase inmediatamente á fronte da cita literaria co obxectivo de "abrir unha reflexión sobre a marcha do propio evento e propoñer novos retos". Quédanlle meses de traballo por diante xa que o evento, aínda sen data pechada, desprázase no calendario ata o outono, por vez primeira na procura de "sinerxías estables e duradeiras no tempo co calendario escolar", segundo Louzao. O terceiro dos retos que se pretende abordar nesta nova etapa é o de "reforzar a actividade das librarías de barrio e de proximidade, como axentes indispensables para a identidade de Compostela, xa que esta cidade sen librarías non sería a mesma", engadiu a concelleira.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Identidade, DramaturGa, Santiago de Compostela...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos