A forza da relación existente entre o acto de ler e o de escoitar será o enfoque polo que a nova edición da SELIC de Santiago presentará un destacado programa musical no que músicos-autores como Santiago Auserón ou James Rodhes participarán deste festival da lectura. Ademais, a un mes do pasamento do autor vigués Domingo Villar, o festival renderalle homenaxe mediante unha lectura aberta dalgunhas das súas obras. estes foron algúns dos puntos sinalados hoxe no Concello de Santiago na presentación desta sexta edición do evento literario propio da capital galega, que terá como punto neurálxico a Praza do Toural entre os vindeiros días 10 e 19 de xuño.
A SELIC volve a celebrarse dun xeito completamente normalizado e pre-pandémico en Santiago, nesta ocasión reunindo na Praza do Toural máis de vinte postos de librarías e editoriais e cun programa que inclúe 45 actividades no que estarán implicados máis de 70 autores. Así se sinalou na presentación do festival, que tivo lugar na sala de prensa do Concello de Santiago, participaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o director da Selic, Camilo Franco.
Moita música de moitos xeitos
Mantendo que "ler segue a ser o acto cultural máis importante dos que facemos", Camilo Franco puxo o acento na importancia da relación entre este acto e o de escoitar, que se reflectirá en todo o programa de actividades, nas que a música terá un papel importante nesta sexta SELIC. Comezando na xornada de apertura a xornalista Belén López entrevistará ao pianista James Rhodes, sobre as súas obras "Fugas. O la ansiedad de sentirse vivo" (Blackie Books) e "Instrumental". Pola colaboración xo Auditorio de Galicia, esta festa de lectura vai permitir que en dous días consecutivos (11 e 12 de xuño) se conte coa presenza de Santiago Auserón como escritor, coa presentación de 'Arte sonora' e 'El ritmo perdido', e como músico, no concerto que ofrecerá con La banda de Juan Perro no Auditorio, o 12 de xuño. A relación músico-literaria tamén estará presente grazas ao escritor Diego Ameixeiras xunto ao guitarrista Mr. Cool, facendo unha lectura da súa última novela 'O cervo e a sombra' (Xerais) (gañadora do premio da Crítica Española e do premio Follas Novas) e amosando en directo influencia musical que hai nela. A música estará tamén presente e relacionada coa literatura nas intervencións de diversas formacións galegas, como as arpistas de Lulavai, que xunto á actriz Mariana Carballal celebrarán os dez anos da publicación de 'Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño; ou o concerto que ofrecerán no Teatro Principal o 18 de xuño Xelís de Toro e Alejandro Vargas, que se inspira no manifesto 'Máis alá' de Manuel Antonio. Ademais no programa de presentacións inclúnses varias obras direcmante enfocadas sobre a música, como 'Atlántico' de Javer Becerra, "Pandereteiras de Mens" de Beatriz Busto (aCentral Folque) ou a serie de libros infántís sobre música protagonizados por Little neno, (A Reixa tenda).
SELIC entre as rúas
Entre o resto das actividades do program inclúense tamén unha serie de roteiros guiados pola cidade que a poñen en relación coa literatura e tamén co cinema. Deste modo, entre o venres 10 e o sábado 18 de xuño, sairán de diversos puntos da cidade roteiros capitaneados por membros da AELG, MAOS. Innovación social e tamén dous paseos organizados polas editoriais Positivas e Guiverny, inspirados no Pío Latrocinio e na arquitectura do lume en Compostela, respectivamente. O broche final vaino poñer o cantante e escritor Jamas (Dios Ke Te Crew), co Roteiro do pirata (des)confinado. Librarías e editoras de Santiago estarán representadas nas vinte e dúas casetas que conformarán a área da Selic na praza do Toural: A Gata Tola, A Reixa Tenda, aCentral Folque, Alvarellos Editora, Árbore Azul, Bunker Books, Consorcio de Santiago, Cuarto de Inverno, Edicións Positivas, Editorial Guiverny, Fundación Anselmo Lorenzo, Fundación Eugenio Granell, Hugin e Munin, Irmás Cartoné, Libraría Aenea, Libraría Lila de Lilith, Libraría NUMAX, Libraría Palacios, Patas de Peixe, Ratas con Faca, Rodolfo e Priscila e USC. Servizo de publicacións integran o mercado da Selic 2022.
PROGRAMA COMPLETO 6ª SELIC.A SELIC volve a celebrarse dun xeito completamente normalizado e pre-pandémico en Santiago, nesta ocasión reunindo na Praza do Toural máis de vinte postos de librarías e editoriais e cun programa que inclúe 45 actividades no que estarán implicados máis de 70 autores. Así se sinalou na presentación do festival, que tivo lugar na sala de prensa do Concello de Santiago, participaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o director da Selic, Camilo Franco.