A terceira edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC) ocupara de novo a Praza da Quintan de Santiago entre os dÃas 7 e 16 de este mes. A concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, presentou hoxe o evento en compañÃa dos editores Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora e Celia Recarey, de Irmás Cartoné. Cun orzamento de 90.000 euros este punto de encontro de editores, librarÃas, escritores e público lector terá este ano como cidade convidada a capital cubana, La Habana. En coordinación co Consulado de Cuba, presente na cidade, a xornada do domingo servirá para un achegamento á cultura e á literatura cubanas, ademais nos expositores das diversas administración s presentes tamén se poderán atopar aquelas das súas publicacións relacionadas con Cuba en xeral e coa Habana en particular. Trinta e dous expositores, entre privados e públicos, amosarán obra literaria nesta edición da SELIC, na que ademais se presentarán as edicións propias do evento das obras gañadoras no seu concurso literario (Realness de Fernando Epelde e A cidade e a chuvia de Rafa Vilar) xunto cunha reedición de obras do dramaturgo AgustÃn Magán (Santiago, 1918, 1998) coma homenaxe a este autor santiagués. A SELIC convocará ademais de novo os Premios SELIC de creación literaria nas categorÃas de narrativa, poesÃa e teatro.
Branca Novoneyra recurrÃu ao Informe sobre a Cultura en Compostela, presentado onte mesmo, para lembrar a importancia do sector do libro en Santiago, xa que segundo este informe a cidade acolle unha representación do 20% deste sector a nivel de toda Galicia. O program da SELIC incluirá ademais varios actos de presentación de libros, representacións de tipo teatral e musical, coloquios e varias actividades dedicadas ao público infantil como un obradoiro de banda deseñada ou a actuación de Paco Nogueiras. Ademais volverán a ter lugar os paseos literarios nos que o público poderá percorrer espazos da cidade da mana de autores que deseñan rutas cos puntos que consideran de interese para eles. Inma López Silva, Manuel Portas, Helena Villar Janeiro e Xosé Antonio Perozo servirán de guÃas nestes percorridos literarios. Os dous editores presentes incidiron na oportunidade que para eles representa a SELIC de presentar ante o público o seu catálogo de xeito visiblemente conxunto. Henrique Alvarellos expresou o desexo de continuidade do evento en vindeiros anos co no novo goberno local, un feito do que a concelleira en funcións declarouse esperanzada e bastante segura de que asà serÃa.