
Segundo comunica a Xunta Directiva da AAAG, decide asà distinguir a traxectoria de Xabier Deive e "poñer en valor unha vez máis a súa calidade humana, o seu talento artÃstico e o seu compromiso coa profesión". Con este galardón, o sector escénico quere manifestar "o cariño que sentiu e continúa a sentir" polo intérprete falecido en xullo do ano pasado. A AAAG indica que non concibe a concesión deste galardón como unha despedida nin como un epÃlogo, "senón como unha celebración plena e agarimosa da figura de Xabier Deive. Un festexo colectivo da persoa, do intérprete e do compañeiro". Xabier Deive exerceu ao longo da súa dilatada traxectoria as profesións de técnico, actor de cine, teatro e televisión. Foi membro da AAAG dende o 1999, integrante da súa Xunta Directiva entre 2002 e 2006 e o seu presidente entre 2019 e 2021.