A cartografÃa aérea de Galicia conta con dúas novas series fotográficas que axudan a entender os cambios económicos, demográficos e de usos do territorio do paÃs ao longo do tempo. Por unha banda, o Instituto Xeográfico Nacional engadiu un novo 'voo americano' para o sur de Galicia. Tratábanse de voos realizados pola forza aérea americana. O máis coñecido -e dunha alta calidade- é o voo americano de 1955, moi empregado por exemplo en arqueoloxÃa para localizar xacementos. Pero hai outros dous, o de 1945-46 (xa publicado) e a serie C, de 1967-68, e que acaba de incorporar as fotografÃas do sur de Galicia. os dez anos de diferencia coa serie anterior permiten observar cambios nunha Galicia que estaba transformando a súa economÃa agraria e marcada por un importante fluxo migratorio de saÃda. Iso permite apreciar como o monte vai cambiando os seus usos, desde os cultivos ou os gandeiros anteriores cara novas prantacións forestais, máis estendidas no territorio pero tamén con máis densidade de árbores. A maiores, a Xunta e o IGN tamén incorporaron aos seus repositorios as novas ortofotos de 2023, que neste caso si cubren todo o territorio do paÃs.
Dúas comparativas:


Contorna do mosteiro de Carboeiro en 1955 e en 1967-8. Fonte: IXN


Montes próximos a santa Comba de Carnota. Fonte: IXN
Dúas comparativas:


Contorna do mosteiro de Carboeiro en 1955 e en 1967-8. Fonte: IXN


Montes próximos a santa Comba de Carnota. Fonte: IXN